6 de noviembre de 2017

Hancock

Hancock (Will Smith), unha especie de heroe bastante impopular, síntese insatisfeito, atormentado e incomprendido. Coas súas accións heroicas, consegue salvar moitas vidas, pero, ao mesmo tempo, provoca auténticas catástrofes. Aínda que, en xeral, a poboación estalle agradecida, a maioría dos habitantes de Los Ángeles non pode soportalo. Un día en que lle salva a vida a Ray Embrey (Jason Bateman), un alto executivo dunha empresa de relacións públicas, Hancock dáse conta de que é un ser vulnerable. 

Director: Andrew Stanton.
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 88 min.
Crítica en Filmaffinity.
Na Biblioteca e na Wikipedia.


5 de noviembre de 2017

Iron Man 2

O mundo xa sabe que o multimillonario Tony Stark (Robert Downey Jr.) é Iron Man, o superheroe enmascarado. A pesar das presións do goberno, a prensa e a opinión pública para que comparta a súa tecnoloxía co exército, Tony é remiso a desvelar os segredos da armadura de Iron Man, porque teme que esa información caia en mans de irresponsables. Con Pepper Potts (Gwyneth Paltrow) e James Rhodey? Rhodes (Don Cheadle) ao seu lado, Tony forxa alianzas novas e enfróntase a novas e poderosas forzas.

Director: Jon Favreau.
Clasificación: Maiores 12 anos.
Duración: 124 min.
Crítica en Filmaffinity e Sensacine.
Na Biblioteca e na Wikipedia.

WALL•E

No ano 2800, nun planeta Terra devastado e sen vida, tras centos de solitarios anos facendo aquilo para o que foi construído -limpar o planeta de lixo- o pequeno robot WALL.E (acrónimo de Waste Allocation Loade Lifter Earth-Class) descobre unha nova misión na súa vida (ademais de colleitar cousas inservibles) cando se atopa cunha moderna e lustrosa robot exploradora chamada EVE. Ambos viaxarán ao longo da galaxia e vivirán unha emocionante e inesquecible aventura...

Director: Andrew Stanton.
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 96 min.
Crítica en Filmaffinity e decine21.
Na Biblioteca e na Wikipedia.

10.000

10.000 anos antes da nosa era, no medio das montañas... O mozo cazador D'Leh quere conseguir o amor da bela Evolet, unha orfa á que unha tribo recollera uns anos antes. Cando esta é raptada por unha banda de ladróns, D'Leh acode ao seu rescate cun grupo de cazadores de mamuts ao que o mesmo dirixirá. O grupo, cruzando por primeira vez os límites do seu territorio, empeza unha longa viaxe a través de terras infestadas de monstros, e descobre civilizacións cuxa existencia descoñecían. Ao longo desta viaxe, outras tribos escravas uniranse a D'Leh e os seus homes, constituíndo así un pequeno exército. Ao fial da súa viaxe, D'Leh e os seus axudantes descobren un imperio descoñecido, con inmensas pirámides dedicadas a un deus vivo, tirano e sanguinario. O mozo cazador comprende entnces que a súa misión non é soamente salvar a Evolet, senón á civilización enteira... 

Director: Roland Emmerich.
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 104 min.
Crítica en Filmaffinity e Sensacine.
Na Biblioteca e na Wikipedia.

 

Las aventuras de Tadeo Jones

O director Enrique Gato tráenos unha nova aventura de Tadeo Jones, o Indiana Jones español, que tras o seu pase polo mundo da curtametraxe (en dous traballos gañadores do Goya nesta categoría), agora dá o salto á gran pantalla.
Tadeo é un simple traballador da construción que reside en Chicago, pero posúe un espírito aventureiro e soñador. Un bo día confúndeno cun popular arqueólogo e envíano a Perú para realizar un duro labor. Alí terá que frear a unha organización de maleantes que se dedica a roubar tesouros e, que nesta ocasión, pretenden saquear unha mítica cidade Inca que acaba de ser descuberta.
Pero nesta trepidante aventura Tadeo non estará só xa que terá a axuda do seu fiel cachorro Jeff; Sara (Michelle Jenner, 'Extraterrestre'), a guapa profesora de arqueoloxía; Freddy (José Mota, 'A Faísca da vida') un estraño guía peruano que leva unha chaqueta "multiusos"; un papagaio que non sabe falar, e un caza recompensas.
Serán capaces Tadeo e os seus compañeiros de salvar a esta emblemática cidade? 

Director: Enrique Gato.
Clasificación: Todos os públicos.
Duración: 88 min.
Crítica en Filmaffinity e Labutaca.
Na Biblioteca e na Wikipedia.